Torre da pena
Información
A Torre da Pena atópase no Concello de Xinzo de Limia. Ten aproximadamente 10,30 metros de lado e 20 metros de altura máxima. Tamén se coñece por Torre da Portela ou da Porteliña. O seu estado de conservación é bo e malia isto, a porta de acceso está elevada sobre o chan como estratexia de defensa, polo que non é posible acceder ao seu interior sen empregar unha escada.
Como sucede coas outras torres da contorna, ten as súas orixes no século XII cando o territorio era motivo de enfrontamentos territoriais entre Galicia e Portugal. Un dos seus primeiros señores foi Ruy Páez de Biedma no século XIV. Foi abandonada seis séculos despois da súa construción, logo de ser tomada polo Duque Lancaster, pasar polas mans dos condes de Monterrei e dos condes de Alba. Ata metade do século XVIII mantívose en bo estado. Nela residía o xuíz e era empregada como cárcere. Despois de cumprir esta función, caeu en abandono.
No ano 2022 fixéronse excavacións e traballos de acondicionamento cun circuíto con paneis informativos que explican as características principais do castelo. A visita é libre ao exterior e é de fácil acceso pola estrada do núcleo de Pena.
Está declarada Ben de Interese Cultural dende o 22 de abril de 1949.
Fontes de información:
fronteiraesquecida.eu