Torre da forxa

PLUS CODE (Localización): 2572+99 Torre, Porqueira

Información

A Torre da Forxa está no Concello de Porqueira. O conxunto mantén visible a súa torre de homenaxe, cunha altura de 23 metros e planta cuadrungular. A porta que dá acceso á torre está no segundo andar e accédese a ela a través dunhas escaleiras de pedra de construción moderna. O interior está dividido en tres andares e soto. A torre forma parte, en conxunto coas de Celme, Sandiás e da Pena, das fortalezas que se ergueron para protexer o territorio da Limia das loitas continuas entre Afonso Henriques de Portugal e Afonso de Castela no medievo.

Afonso VII de Castela doouna ao Bispado de Ourense en 1157. Ao seu lado construiuse unha iglesia e un claustro que hoxe en día están desaparecidos. No século XIV foi tomada polo Duque de Lancaster nun dos seus intentos de reclamar o trono de Castela e no século seguinte foi asaltada polos Irmandiños, cando esta torre pertencía ao conde de Benavente.

Ata o século XIX a casa consistorial ubicouse aquí, razón pola que o seu estado de conservación é bo. A visita exterior é libre pero para acceder ao interior hai que chamar ao Concello de Porqueira no 988 466 102. É Ben de Interese Cultural dende o 22 de abril de 1949.

Fontes de información:
fronteiraesquecida.eu

Scroll ao inicio