Río Limia
Información
O río Limia é un cauce fluvial transfronteirizo que nace no Concello de Sarreaus, concretamente no monte Talariño, a unha altura de 985 metros, froito de pequenos regatos que corren polos picos montañosos da zona. Ten unha extensión de 108 quilómetros, dos que 41 son dentro de Galicia e o resto en Portugal. Verte as súas augas no océano Atlántico no municipio portugués de Viana do Castelo.
É un río con gran historia. Os romanos chamárono Lethes e pensaban que era un dos ríos do deus romano Hades e que faría perder a memoria a quen o cruzara, o que dificultaba as batallas durante anos nos enfrentamientos romanos nesta zona. Isto foi desmentido no 138 a.C.
En torno a este cauce fluvial construíuse a calzada “Vía Nova” que unía Braga, en Portugal, con Astorga, en León. Os fundadores de Hispania tamén deixaron outros rastros da súa estancia ao carón do río Limia, como o antigo campamento romano de Aquis Querquennis, en Bande.
Coa chegada do século XX o cauce do río Limia aprovéitase para facer embalses e facer aproveitamento hidroeléctrico. Así temos o pantano de As Conchas, con varias zonas de baño e práctica de deportes acuáticos e o Alto Lindoso, entre España e Portugal.
Fontes de información:
mapa.gob.es