Ponte da Forxa

PLUS CODE (Localización): 2594+73 Forxa, Porqueira

Información

Á beira da estrada C-301, que une o Concello de Porqueira con Xinzo de Limia, en A Forxa, atópase a ponte de Santa María, tamén chamada Ponte Vella ou Pontella da Forxa. É unha ponte que se atopa sobre o río Fírbeda, que nace no Concello de Calvos de Randín e que nutre a fervenza que lle dá nome.

A ponte da Forxa foi construída no século XVIII. Atópase sobre tres piares de perpiaños sobre o río. Por riba destes a calzada de pedra está composta por grandes lousas de granito. Este era o camiño que levaba á igrexa de Santa María e á Torre da Forxa. Os ollos da ponte, que neste caso son catro, non se poden considerar arcos xa que máis ben son pilares unidos polas lousas de pedra. Xunto á ponte hai unha área recreativa e fluvial con mesas. Tamén se pode ver un muíño.

Fontes de información:
fronteiraesquecida.eu
galiciamaxica.eu

Scroll ao inicio