Penedos da Raíña Loba
Información
Ubicado na Serra de Gomariz, no Concello de Os Blancos e a uns 1150 metros, pódese ver un penedo que no seu momento serviu para asentar un castelo e as súas torres, xa que no chan se poden ver pegadas da súa construción e un alquerque (xogo medieval) tallado na propia rocha.
Este lugar asóciase á Raíña Loba da Limia, metade muller e metade loba, que tiña atemorizado aos veciños e que os obriga a subirlle a comida cada día, ata que, foi enganada. Dixéronlle que lle traian moita comida e nun descoido no que se achegou ver os víveres, aproveitaron para tirala por baixo do penedo.
Recoméndase realizar a ruta O Cebreiro-Raíña Loba co fin de descubrir cada un dos recunchos destes rochedos. Este roteiro pasaría polo Concello de Os Blancos e o Concello Calvos de Randín e, seguindo o alto do Cebreiro, chégase ás ruínas dun antigo foxo do lobo e ao Penedo das Fatigas. Este é unha formación rochosa, granítica, creada polo paso dos séculos con exposición á auga e ao vento. Uns 200 metros máis adiante deste, camiñando cara a caído do monte ao val do río Salas, á dereita, atópase outra formación rochosa singular: a Pedra da Ave ou a Pedra da Vela e á esquerda o cume do Cebreiro.
Fontes de información:
fronteiraesquecida.eu
adelaleiro.com
Foto: fronteiraesquecida.eu