Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras
Información
O Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras ten ligadas as súas orixes a aparicións da Virxe María a veciños da zona. Fundouse en 1523 polo prior da máxima Santa María a Real de Xunqueira de Ambía, Alonso de Piña. Estivo ocupado pola orde franciscana dende a súa fundación ata a súa decadencia no 1835. Nun principio só se ía construír unha igrexa pero o prior construíu un mosteiro enteiro.
Hoxe en día, a igrexa é o edificio mellor conservado, cunha fachada que destaca pola decoración en relevo de estilo manuelino, un gótico tardío importado polo seu construtor Bartolomé de Rosendo, meste de cantería portugués. No centro hai arcos curvados con pico apuntado e figuras vexetais entrelazadas con seres fantásticos con apariencia humana ou animal. Acompañando ao fronte, hai unha torre na marxe esquerda con campanario.
Do claustro só se pode observar a planta cuadrangular cos 28 arcos que a forman e que teñen a mesma decoración que a fachada. O edificio dos monxes anexo tiña cociña, dependencias na parte alta e na parte baixa cortes, celeiros e adegas. Sufriu un incendio en 1668 pero reconstruíuse pouco a pouco e chegou a ter un colexio de filosofía dende 1797. Tivo un papel importante na acollida de clérigos fuxidos de Francia por mor da revolución.
A guerra cos franceses do século XIX, outro incendio en 1813 e a desamortización de 1835 fixeron que se abandonara definitivamente o edificio. Actualmente está en proceso para ser declarado BIC (Ben de Interese Cultural).
A igrexia pódese visitar baixo cita previa, pero o claustro e o resto de edificacións pódense visitar libremente.
Fontes de información:
fronteiraesquecida.eu