Menhir Pedra Alta da Antela

PLUS CODE (Localización): 48QH+QJ Junquera de Ambía, Xunqueira de Ambía

Información

A Pedra Alta de Antela é unha pedrafita de granito de case 3,50 metros de alto ubicada na parroquia de Cortegada, no concello de Sarreaus. Data entre o IV e o III a.C aínda que se descoñece a súa cronoloxía exacta. É a que dá nome á Lagoa de Antela.

Empregouse como marco divisorio entre parroquias e tamén entre os concellos de Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos e Sarreaus. Fóra destes atributos, é un monumento megalítico prehistórico que contén gravados do século IX e XI.

As pedras altas ou longas acostumaban a considerarse símbolos funerarios protectores da alma dos falecidos. Este tipo de elementos non son únicas da zona pero moitos deles non chegaron aos nosos días.

As cruces que contén este menhir pode ser mostra da cristianización da pedra. A función concreta da Pedra Alta de Antela é descoñecida, podendo ser o rito funerario, símbolo fálico relacionado coa fertilidade e coa vida ou relacionado coa maxia, a resurrección ou a vida do outro mundo. 

Ten diferentes estados de conservación entre a parte superior e inferior, polo que se pode deducir que a pedra estivo enterrada no chan.

Os seus 3,47 metros exactos de altura sorprenden e xeran moitas preguntas. A visita é libre e recoméndase ter coidado co tráfico.

Fontes de información:
fronteiraesquecida.eu
galiciamaxica.eu

Scroll ao inicio