Fervenza de Vilariño

PLUS CODE (Localización): V4G8+G5, 32646 Vilariño, Ourense

Información

A Fervenza de Vilariño atópase no Concello de Calvos de Randín. Dende o centro de dito concello collemos o camiño da Pereira en dirección ao lugar de Vilariño. Pouco antes de chegar a dita aldea encontraremos o regato do Muíño Vello, que forma unha fervenza duns 5 metros de altura, situada moi preto da fronteira con Portugal.

Xunto á sinal que nos indica o camiño a seguir para chegar ao salto de auga, poderemos deixar o noso coche. Dende aquí faremos un percorrido duns 100 metros a pé para chegar á seimeira. 

Fontes de información:
turismo.gal

Scroll ao inicio