A aldea etnográfica de Congostro é unha aldea tradicional da Limia con rúas estreitas e casas moi agrupadas ao redor das airas e conforma un verdadeiro museo ao aire libre como exemplo da arquitectura popular galega.
Está no concello de Rairiz de Veiga e forma parte da Reserva da Biosfera Área de Allariz.
Dende o centro de Congostro, na praza da Aira da Moa, comeza este museo para admirar as construcións que están en bo estado de conservación e ben restauradas: muíños, fornos, cruceiros, hórreos, fontes… e airas con relevantes cabaceiros –hórreos de forma circular–. É precisamente na Aira da Moa onde hai maior concentración de cabaceiros.
Para máis información pódese consultar o centro de interpretación da aldea que alberga unha exposición sobre a historia e etnografía da zona e unha mostra da Vía Nova romana.