Casa da Lagoa de Antela
Información
A Lagoa de Antela marca unha lembranza moi importante no noso entorno. Foi unha das lagoas máis importantes da Península Ibérica que se desecou nos anos 60 do século pasado para o emprego dos seus terreos para o aproveitamento agrícola.
Unha mostra da súa importancia eran os centos de especies de aves que vivían aquí ao transcorrer o ano, ao igual que a súa riqueza arqueolóxica, paisaxística, histórica e de fauna e flora.
Foi por iso polo que se creou no concello de Sandiás, un centro de interpretación da Lagoa de Antela para mostrar os cambios producidos dende a súa formación, a súa desecación ata a actualidade coa recuperación das antigas areeiras a través da evolución histórico-económica e a evolución no modo de vida. Faise co obxectivo de dinamizar os recursos naturais e culturais.
Neste centro de interpretación hai exposicións permanentes e temporais con maquetas e reproducións, montaxes audiovisuais, experiencias interactivas, sinalización e paneis informativos, talleres e actividades didácticas.
O percorrido faise pasando pola Lagoa de Antela, coñecendo os cambios que se deron entre o antes e o despois da desecación: modo de vida, produción agrícola e gandeira, flora e fauna e aspectos históricos. Logo poderase aprender do proxecto de recuperación das areeiras, o recorrido que se fai dende a extracción da area ata o proceso de recuperación das areeiras abandonadas e por último outros recursos integrables como poden ser contos e lendas sobre a lagoa, elementos etnográficos e testemuñas da poboación local.
Para coñecer os prezos e horarios pódese chamar ao concello de Sandiás no 988 46 50 01.
Fontes de información:
sandias.es