Miradoiro de Celme

PLUS CODE (Localización): 24P6+4Q Rairiz de Veiga

Información

O castelo de Celme, ubicado no concello de Rairiz de Veiga, formaba parte das fortalezas que foron construídas polo primeiro rei portugués Afonso Henriques entre os séculos XI e XII para previr ataques. 

A rede de fortalezas e torres para vixiar o territorio estaba constituída pola Torre da Forxa, Torre da Pena, Torre de Sandiás e Castelo de Celme. Este último, como nos casos anteriores, foi tomado polo Duque Lancaster. Os seus últimos propietarios foron os marqueses de Valladares.

Hoxe en día trátase dun miradoiro debido a súa altura e xa que só quedan algúns restos dos seus muros. Pódese apreciar así o enclave dende o que se dominaba a totalidade do territorio do arredor, situándose ademais nun punto estratéxico entre a chaira limiá e o Val das Conchas.

O acceso é libre por pista, só apto para vehículos adaptados (4×4). Preferiblemente acceder facendo rutas de sendeirismo. Para máis información contactar no 988 465 552 co Concello de Rairiz de Veiga.

Fontes de información:
fronteiraesquecida.eu

Foto: fronteiraesquecida.eu

Scroll ao inicio