O castelo da Saínza

PLUS CODE (Localización): 35CF+23 Rairiz de Veiga

Información

A romaría da Saínza é unha festa de Interese Turístico Galego e lévase facendo dende 1840, data na que se comeza a representar o combate entre mouros e cristiáns, que xunta a finais de setembro, polo 24, a centos de romeiros, na honra ás festas da Mercede. 

No campo do castelo ten lugar o Ataque, que representa a batalla entre os dous bandos, que representan o ben e o mal, e na que acaban vencendo os cristiáns e onde se queima o castelo rebelde.

Os elementos comúns na representación son os diálogos en verso e o intento de roubo da imaxe da Virxe por parte dos infieis. Realízase unha procesión dende a capela da Saínza ata o campo do castelo, mentras que a capela está sendo vixiada e protexida polos mouros, na cal están os cristiáns presos. Primeiro, os capitáns desputan verbalmente e logo declárase a guerra animando á loita. Os mouros perdedores son convertidos ao cristianismo.

Á romaría da Saínza acódese en familia e con amizades para comer e pasar unha xornada ao aire libre lembrando o pasado.

A poucos metros do campo onde se fai a representación da loita e onde se atopa o castelo, está a xa citada Capela da Saínza, un lugar de atractivo devoto. O edificio é sinxelo, case capela popular, do ano 1721 e reformado con posterioridade. O retablo maior do seu interior é de Jerónimo Domínguez do século XVIII e destaca o bo talle de San Sebastián.

Fontes de información:
turismo.gal
fronteiraesquecida.eu

Scroll ao inicio