PLUS CODE (Localización): 2593+75 Forxa, Porqueira
Información
A Aira dos Canastros de A Forxa, no Concello de Porqueira, é unha das zonas con maior atractivo turístico do núcleo do municipio.
A Aira dos Canastros é unha praza que ten un conxunto de hórreos, tamén chamados canastros, de construción tradicional. Son de madeira e están pintados en cor granate. Atópanse en bo estado de conservación debido a que foron restaurados no ano 2010. Os soportes son de pedra, pero pódense atopar diferenzas entre eles, ao igual que pasa cos peches.
A palabra aira fai referencia a un sitio chan, próximo á casa, feito de terra firme ou de pedra, onde se mallan os cereais, se botan a secar os legumes…