Couto Mixto

PLUS CODE (Localización): W55F+QQ Rubiás, Calvos de Randín

Información

No Concello de Calvos de Randín temos o Couto Mixto. Este era un territorio independiente constituído do século XII ao XIX e localizado na zona fronteiriza entre Portugal e España. Tiña unha superficie de 27 quilómetros cadrados e aproximadamente 1000 habitantes. Este territorio mantivo a súa propia organización, á marxe do poder e a autoridade que exercían españois e portugueses. Comprendía a zona de Rubiás e Santiago no Concello de Calvos de Randín e Meaus no Concello de Baltar. Era unha República Federal. 

Os seus habitantes estaban exentos de pagar impostos, non tiñan obriga de servir a ningún exército, podían elixir a nacionalidade española, portuguesa ou pertencer ao propio Couto Mixto, non podían ser detidos nin por españois nin portugueses… Esta situación favorecía ás actividades económicas e mesmo ao contrabando. Dispoñían dun camiño inmune á acción das gardas fronteirizas que comunicaba o Couto Mixto con Tourém, en Portugal.

En 1864, co Convenio de Lisboa, desaparecían os privilexios do Couto Mixto e este perdía a súa soberanía, sen realizar ningún tipo de consulta aos seus habitantes. Era unha terra moi pobre e con pouca riqueza polo que nin españois nin portugueses tiñan interese na zona, pero finalmente acordouse que pertencería a España. Cada ano, o primeiro sábado de xullo celébrase un Acto Cultural na Igrexa Parroquial de Santiago de Rubiás.

Fontes de información:
calvosderandin.com

Scroll ao inicio