Aves da Limia
A Limia é un punto privilexiado en Ourense para os amantes das aves e da natureza. Neste territorio cheo de lagoas, humidais e paisaxes agrícolas, consolidouse o turismo ornitolóxico grazas á biodiversidade e diferentes hábitats que alberga.
Aquí conviven especies residentes e habituais, migratorias e en perigo de extinción, o que ofrece unha experiencia única en cada visita que se faga ao Xeodestino A Limia. Entre as especies máis destacadas atopamos o gabeador azul, o picapeixe común, a cegoña branca, o paspallás, a tartaraña cincenta ou a andoriña das barreiras. As areeiras tamén atraen aves acuáticas como o lavanco ou a cerceta.
Recorrer a Limia cos prismáticos na man é moito máis que observar as aves do territorio, é somerxerse nun entorno natural de gran valor, que está volvendo atraer diferentes especies á zona e mediante o cal descobres paisaxes que contan historias e contribúes á súa conservación.
Se es amante da natureza, aquí atoparás un lugar onde conectar co que desexas.