Xeodestino A Limia

Natureza na terra, na auga e no aire

O territorio

O territorio do Xeodestino A Limia, no sur da provincia de Ourense, está formado polos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia. Unha parte significativa do territorio (12%) forma parte da Rede Natura 2000 e conta coas seguintes figuras de protección ambiental: ZEPN (Zona de Especial Protección dos Valores Naturais) de Ponteliñares e Baixa Limia, ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves) da Limia e a Baixa Limia, Reserva de Biosfera Área de Allariz, Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés e Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

O pasado está marcado pola Lagoa de Antela, protagonista do grande complexo húmido da Limia. A lagoa foi desecada nos anos sesenta. Hoxe, entidades como a Sociedade Galega de Historia Natural, traballan para estudar e transmitir os valores naturais e tradicionais da comarca. O obxectivo é compatibilizar a recuperación de humidais con outras actividades como a agricultura e a gandaría sostibles.

Patrimonio
ornitolóxico

O Xeodestino A Limia conta con tres áreas de especial interese para as persoas afeccionadas á observación e ao estudo das aves. As Areeiras da Limia, na confluencia dos concellos de Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia, conta con algunhas lagoas comunicadas por camiños que se poden percorrer en coche, a pé ou en bicicleta. A Casa da Lagoa, no Concello de Sandiás, é un centro de interpretación no que se pode consultar información sobre a historia da zona, espazos para visitar, especies, etc.

A segunda das áreas é a Veiga de Ponteliñares. Ocupa unha parte dos concellos de Rairiz de Veiga e A Porqueira e forma parte da Reserva da Biosfera Área de Allariz. No Concello de Baltar, no sur da comarca da Limia, está a área da Serra do Larouco. É unha gran formación granítica que supera os mil metros de altitude en varios puntos e chega aos 1.535 metros no lado portugués, o terceiro cumio máis alto do país.

20 na Limia

Unha mirada ó territorio que dá testemuño dos seus recursos patrimoniais e da súa riqueza natural

Azor (Accipiter gentilis)3

Accipiter gentilis

Peto formigueiro (Jynx torquilla)

Jynx torquilla

Cotovía das árbores (Lullula arborea)

Lullula arborea

Lavandeira branca (Motacilla alba)4

Motacilla alba

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Passer domesticus

Rula turca (Streptopelia decaocto)4

Streptopelia decaocto

Información de contacto

Dirección postal
Sede GDR Limia-Arnoia Xinzo da Limia
Avd. de Ourense, 19
32630 Xinzo da Limia (Ourense)
Correo electrónico
Número de teléfono
Scroll ao inicio