Fervenza do río Fírbeda

PLUS CODE (Localización): 2563+PX, 32643 Torre, Ourense

Información

A ruta das fervenzas do río Fírbeda é unha ruta circular de dous quilómetros dende a torre do Concello de Porqueira, dende a cal se pode acceder de forma sinxela e rápida á zona do río Fírbeda e as súas fervenzas.

Imos por un camiño á man esquerda e dende aquí pódese baixar á altura do río para ver os primeiros saltos de auga e seguir a ruta para desfrutar das vistas. Pódese escoller entre esta ruta de dous quilómetros ou outra de doce.

O río Fírbeda tamén recibe o nome de Fírveda ou das Mestas. É un afluente do río Limia que nace da unión de varios regatos en Calvos de Randín e moi preto da fronteira con Portugal, pola serra de San Tomé. No momento no que entra no concello de Porqueira, despois de encaixarse no val, forma uns rápidos e unha secuencia de fervenzas que foron aproveitados para construír muíños e que se poden ver case derruídos no transcorrer da ruta.

A máis grande destas fervenzas é a que está máis cerca de A Forxa, en Porqueira. O seu acceso é necesariamente polo sendeiro.

Fontes de información:
fronteiraesquecida.eu
galiciamaxica.eu

Scroll ao inicio